Unha iniciativa vinculada ao recente Sínodo Diocesano e que busca ser o lugar de
formación de seglares para o desempeño de ministerios laicais.
A EDAP responde, entre outras cousas, ás inquietudes que
xurdiron e se manifestaron no Sínodo Diocesano. O Bispo Auxiliar, Jesús
Fernández, indicou que a Escola ha de axudar aos diocesanos a redescubrir a súa
vocación bautismal, en especial aos laicos.
No arciprestado de Postmarcos de Abaixo celebramos xa tres
reunións, e hoxe, venres 24 de novembro, temos a seguinte que tratará da
entrega do Señor por amor á humanidade. Son os primeiros pasos e, por iso, é
importante que poñamos todo o noso empeño neste novo camiño.
Trátase dunha iniciativa formativa que xurde da inquietude que
manifestaron a maioría dos grupos de reflexión sinodal que ten, entre outras, a
finalidade de ir capacitando aos laicos que van a colaborar máis estreitamente
cos pastores nas futuras “Unidades Pastorais”.