viernes, 24 de noviembre de 2017

ESCOLA DE AXENTES DE PASTORAL (EDAP)

   Unha iniciativa vinculada ao recente Sínodo Diocesano e que busca ser o lugar de formación de seglares para o desempeño de ministerios laicais.



A EDAP responde, entre outras cousas, ás inquietudes que xurdiron e se manifestaron no Sínodo Diocesano. O Bispo Auxiliar, Jesús Fernández, indicou que a Escola ha de axudar aos diocesanos a redescubrir a súa vocación bautismal, en especial aos laicos.




Máis de 900 diocesanos están inscritos na EDAP, que xa comezou a dar os seus primeiros pasos no mes de outubro. Son 26 grupos que se reparten en toda a xeografía da Diocese de Santiago, e que constitúen unha grande esperanza para a nosa igrexa compostelá. 




No arciprestado de Postmarcos de Abaixo celebramos xa tres reunións, e hoxe, venres 24 de novembro, temos a seguinte que tratará da entrega do Señor por amor á humanidade. Son os primeiros pasos e, por iso, é importante que poñamos todo o noso empeño neste novo camiño.





Trátase dunha iniciativa formativa que xurde da inquietude que manifestaron a maioría dos grupos de reflexión sinodal que ten, entre outras, a finalidade de ir capacitando aos laicos que van a colaborar máis estreitamente cos pastores nas futuras “Unidades Pastorais”.



No hay comentarios:

Publicar un comentario