O Nadal é pobreza, o Nadal é caridade
A Encarnación foi o exercicio supremo e sublime da pobreza
dun Deus que, sendo rico, fíxose pobre por nós. O noso Nadal será máis Nadal na
medida en que sexa pobre, sinxelo, austero, e, sobre todo, solidario.
Ten sentido celebrar o Nadal sen pensar nos demais, especialmente nos máis vulnerables ou débiles da sociedade? Nadal convértese en nadal canto tomamos conciencia dos demais, da situación social en que vivimos, do sufrimento e dor do irmán. Se queremos traer de verdade o espírito de Nadal, fagamos algo positivo polos demais, con xenerosidade, sen roubarlle protagonismo á caridade e á xustiza.
Todas as iniciativas a nivel persoal e colectivo en favor dos demais son mostra de que estamos dispostos e preparados para acoller a Deus, de que o recoñecemos no rostro do que sofre e de que non pasamos “de largo”. Constitúe tamén a mellor forma de dar testemuño do amor de Deus no medio do noso mundo, enfermo en moitos casos de indiferenza, de présa e de falta de atención a cada persoa.
Cáritas de Riveira organiza como cada ano un festival benéfico que ten varios fins: solidariedade, fraternidade, sensibilización, xustiza,... E agradece o empeño de todas as persoas que se unen e colaboran neste fin, este ano especialmente aos colexios e asociacións que participan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario