Xesús, o Señor, amando aos seus, é dicir, a toda a humanidade, amouna ata o extremo. Ninguén ama máis que aquel que dá a vida polos seus. E Xesús, o Señor, que non veu ao mundo para xulgar e condenar, senón para servir e dar vida, ofrécenos en cada Eucaristía, o seu Corpo roto e o seu Sangue derramado, como conmemoración e como actualización, dunha entrega total do que era e é verdadeiro Deus e verdadeiro home, unha entrega que significa un misterio que só se pode desentrañar desde esa clave que nos ofrece a marabillosa realidade de que Deus é Amor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario