Señor Xesús: Grazas polas nais que nos deches. Os máis nobres sentimentos
que temos, sementounos en nós nosa nai: a fe, a honestidade, o amor ao
traballo.
Señor Xesús: Nesta hora de retos e desafíos, as nais necesitan da túa
axuda: para atender á casa e ao traballo, para facer de pai e nai, para educar
nos valores cristiáns.
Señor Xesús: Que a Virxe Nai as encha de fortaleza.
Señor Xesús: Que a Virxe María siga sendo modelo de todas as nais.
Señor Xesús:
Que tamén elas loiten pola xustiza e que confíen no Deus dos pobres: O Deus que
quere pan en todas as mesas e paz en todos os fogares; o Deus que destrúe o
poder corrompido e protexe aos indefensos e humillados.
Señor Xesús: Ilumina a vida das nosas nais. Premia os seus desvelos e
traballos. Dá paz ás nais xa defuntas. Bendí a todos os fogares. E que os
fillos sexan sempre gloria e coroa das nais. Amén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario