martes, 24 de diciembre de 2019
PEREGRINACIÓN A TERRA SANTA COA DIOCESE
POLOS CAMIÑOS DE
TERRA SANTA
CO AMIGO DO SEÑOR
- INFORMACIÓN
Este ano 2020 a parroquia de Santa Uxía de Riveira únese á Peregrinación Diocesana a Terra Santa. No ano 2019 viaxamos a Roma, Asís, Florencia e Venecia. Este ano os que o desexen poden participar na Peregrinación a Terra Santa do 6 ao 13 de xullo. Para ter información poden preguntar ao párroco de Riveira ou escribir ao mail que aparece na foto e que encontrarás ao final desta noticia.
É unha viaxe e peregrinación única na que visitaremos os santos lugares desde a mirada do apóstolo Santiago.
A peregrinación diocesana a Terra Santa quere servir de preparación ó vindeiro Ano Santo Compostelano 2021, para que seguindo os pasos do Maestro en Terra Santa, con Santiago Apóstol, o amigo do Señor, nos convirtamos en alegres discípulos e a nosa volta sexamos gozosos misioneiros.
- ITINERARIO PREVISTO (pode cambiar o orden de visitas):
Día 6 de xullo. Avión Santiago 13:35 – Madrid 14:50 // Avión Madrid 16:10 – Tel Aviv 21:55.
Día 7 de xullo. Monte das Benaventuranzas- Tabgah- Cafarnaúm- Betsaida- Gadara
Día 8 de xullo. Monte Tabor- Caná- Xordán- Lago Tiberiades.
Día 9 de xullo. Nazaret- Monte Carmelo- Belén
Día 10 de xullo. Gruta Pastores- Basilica Natividade- Xerusalén (Abadía da Dormición e Cenáculo)
Día 11 de xullo. Monte das Oliveiras- Xetsemaní- San Pedro en Gallicantu- Monte Calvario Santo Sepulcro
Día 12 de xullo. Igrexa de Santiago- Vía Crucis (Vía Dolorosa)- Jaffa
Día 13 de xullo. Saída cara Santiago ás 05:55. Final: Monte do Gozo
A peregrinación conta cun total de 150 prazas.
- PREZO
- Nº de Conta en ABANCA
- INSCRICIÓN E PRAZOS
Posibilidade de facelo dos seguintes modos:
Tres prazos: Primeiro prazo ao inscribirse cunha cantidade mínima de 500 €. O resto de prazos e cantidades segundo as datas indicadas no díptico de inscripción.
- Prazo único: Inscrición e ingreso do custo total.
- Sinal: abonando a cantidade de 350 € ao inscribirse, e o resto antes do 10 de maio.
- As prazas son limitadas e iranse cubrindo segundo a orde de chegada das inscricións ata completar as prazas;
- Hai que sinalar sempre ao inscribirse o tipo de modalidade que se seguirá.
- Data límite de toda inscrición: 15 de Maio de 2020 (para calquera das modalidades).
- Seguro de Cancelación: Unha porcentaxe moi alta dos xa rexistrados solicitaron información acerca dun seguro de cancelación. Comentámolo coa axencia e ofreceunos o seguro de cancelación para quen o solicite voluntariamente e cun custo adicional de 30 € por persoa. A continuación achegamos dous arquivos cos datos do seguro. Seguro Cancelación Garantías seguro cancelación
lunes, 23 de diciembre de 2019
Luz da Paz de Belén 21-12-2019
Son moitas persoas , entre os que destacan familias, nenos/as, mozos/as,
avós, sacerdotes, catequistas, colaboradores da parroquia, …que se achegaron o día 21 a Santiago a participar na celebración da Luz da Paz de Belén. Son os
encargados de ser «misioneiros da luz» e levala como signo de paz á súa
parroquia para compartila coa súa comunidade de fe; á súa casa, para
regalala á súa familia; ou a alguén que se atope só, sen esperanza nin
ilusión, … e necesite da luz e da calor da fe.
Tamén chegou ao noso Arciprestado de Postmmarcos de Abaixo. O Arcipreste, Don Manuel Antonio Villar leva a Luz da Paz de Belén para as súas parroquias de Pobra do Caramiñal, O Xobre e Palmeira.
A Luz da Paz de Belén entra nas mans de Quico na parroquia de Santa Uxía de Riveira. Son as 20.00h e vai a comezar a celebración da Eucaristía, IV Domingo de Advento. A comunidade parroquial acolle a Luz da Paz de Belén.
Coa Luz da Paz de Belén acendemos as velas da Coroa de Advento e as velas cas que oos misioneiros distribuirán a Luz entre os feligreses para levala aos fogares das familias, ás casas dos enfermos a través dos seus visitadores,
ás persoas que esperan a comuñón nas súas casas, á persoas maiores que están soas … Para que todos poidan sentir a
luz de Belén preto. Con esta luz tamén se acenderán a luz do Portal. Tamén na igrexa parroquial acendemos a luz da lampara
do Santísimo, co compromiso de que non se apague en todo o ano e se manteña así acesa ata o próximo nadal. Así lembraranse durante todo o
ano que a Palabra de Deus fíxose Carne en Belén hai 2000 anos.
miércoles, 11 de diciembre de 2019
Venres 13 de decembro
O vindeiro venres 13 de decembro
MISA SOLEMNE
Celebración de Santa Lucía ás 19.00
CONCERTO DE NADAL a continuación
sábado, 7 de diciembre de 2019
FESTIVAL DE CÁRITAS
PODES QUEDAR NA CASA
PODES PARTICIPAR E MANIFESTAR
A TÚA DISPONIBILIDADE, XENEROSIDADE E
PREOCUPACIÓN POLOS MÁIS DÉBILES E INDEFENSOS
DA SOCIEDADE.
jueves, 5 de diciembre de 2019
sábado, 19 de octubre de 2019
sábado, 21 de septiembre de 2019
EVOLUCIÓN
EVOLUCIÓN
O lema da xornada mundial do Alzheimer: evolución. Se as necesidades evolucionan as respostas a estas necesidades precisan de facelo da mesma maneira. Hai novas necesidades que precisan novos coidados e novas atencións.
É parte da reflexión que fai a confederación española do alzheimer. Especialmente fágome eco desta frase: “e é que a rutina de mirar moito tempo o mesmo escenario pode impedir ver e comprender os cambios que neste se producen”. Sensibilización para unha mellor prevención desta patoloxía á que denominan “epidemia do século XXI”, pero tamén unha mirada máis atenta e profunda para saber responder ás novas situacións cas que nos atopamos. Unha mirada máis atenta e profunda a quen a sufre directamente para ofrecer unha mellor calidade de vida ante unha situación na que un é desposeído de todo, e tamén ao seu entorno que moitas veces non sabe como reaccionar.
A Residencia de Maiores Domus Vi de Riveira ven de romper con esa rutina que nos impide ver a realidade ou que nos axuda a escapar dela. O venres 20 de setembro, anticipándose un día á xornada mundial, fixo un pequeno e importante recorrido que suma novos pasos á “Kilómetros para recordar”, fundación que ten como fin axudar á investigación do alzheimer. A sociedade en xeral temos que agradecer a quen, moitas veces desde a máis pura debilidade, esperta a nosa indiferencia e pasividade ante situacións que pode que hoxe non nos afecten directamente pero que de non ser coñecidas, na actualidade xa son comúns entre nós e, en moitos casos, xa nos afectan moi de preto.
Que nada nos roube a memoria e que entre todos sumemos metros e kilómetros para recordar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)