lunes, 8 de abril de 2019

MIGRAR É UN DEREITO

Escoitar e acompañar a Djibril Fayé o venres 12 de abril ás 19.00h é demostrar que non miramos para outro lado.
Emigrar nunca é fácil, e os países que xa sufriron a lacra de ver marchar aos seus, relátano nos seus libros de historia como períodos escuros e penosos.
Europa terá que incluír con vergoña nos seus libros de historia como desatendeu a chamada de auxilio de refuxiados e inmigrantes que simplemente reclaman o seu dereito a buscar unha vida mellor, como os propios europeos fixemos, facemos e seguiremos facendo sempre que teñamos necesidade.
DÍA 12 ABRIL DE 2019
HORA: 19.00h
LUGAR: SALÓN SANTA UXÍA (Detrás da Igrexa Parroquial)


No hay comentarios:

Publicar un comentario