miércoles, 1 de mayo de 2019

QUE POUCA MEMORIA…

Hai que poñerse na pel de quen vive a necesidade de ter que fuxir ou saír da súa propia casa e país, para entender o fenómeno da inmigración e a denominación de refuxiado

Djibril Faye fixo o venres 12 de abril un percorrido pola súa vida e os motivos que o impulsaron a poñer esa vida en risco unha derradeira vez. Foron varias as veces que intentou saír a flote no seu entorno, implicándose a fondo e arriscandoo todo en diferentes traballos e oficios. Cando lograba abrirse paso e alcanzar un nivel de vida aceptable e con futuro, unha guerra sen sentido (provocada polos intereses dos máis poderosos e extranxeiros) ou a incursión de barcos en augas ilegales, convertían en fracaso todo o seu empeño de construir unha vida no seu país. E non só se trata de perdelo todo, senón das situación de violencia no seu país de orixe, que case non da tregua para rexurdir das desfeitas provocadas polas contendas e que supoñen tamén a perda da vida de amigos e familiares. 

Quedan retidas na nosa memoria imaxes, datos e situacións descritas por Djibril que non nos podemos imaxinar, onde moitos países europeos son culpables directos da miseria e pobreza dunha África chea de recursos e riqueza. Como un continente tan rico pode ser tan pobre? Cal é aproveitamento dos recursos e quen é o que os explota? Un dato que aporta Djibril expresa claramente a razón e a causa de que África non prospere: a gran hipocresía dos antiguos países colonizadores, que aínda despois de ter concedida a independencia aos colonizados, seguen mantendo o xugo explotador e o control dos gobernos. A independencia destes países africanos é oficial pero NON É REAL.

Exemplo disto, é o feito de que para entrar no mercado e vender o seu producto, só poden quedar co 15% do valor dese producto, porque o 50% queda no poder do país “antiguo colono” e o restante 35% en impostos .

Ese 15% non chega para facer frente aos gastos extracción e procesamento dos productos. Como pode prosperar así un país? Eses mesmos países de Europa e Norteamérica que levan a maior pate do beneficio da materia prima de África axfisiándoa na pobreza, son os mesmos que constrúen kilómetros de muros e valados, gastando millóns de euros ou dólares, para pecharllelas fronteiras a quen busca desesperadamente, facendo uso do dereito natural de toda persoa de loitar pola vida, a posibilidade de poder vivir dignamente.


Estamos diante dunha “neoescravitude” disfrazada de atención humanitaria en momentos clave, para que os antiguos colonizadores se podan manter na mesma posición dominante e explotadora. Neoescravitude que manteñen conxuntamente países ricos, gobernos corruptos, multinacionais con máis poder que algúns gobernos, medios de comunicación comprados,... Unha neoescravitude que podería desaparecer se deixamos que África se autogoberne e autoabasteza?

A quen lle importa? Coma Djibril, poden expresar a súa desesperación miles e millóns de persoas, poden morrer no océano centos delas, pedir limosna nas rúas dos países ricos se logran entrar, e con todo, a súa voz non provoca compaixón nin búsqueda da xusticia á que coma todos teñen dereito.

Non recordamos que moitos de nós fomos e somos protagonistas dunha emigración que sementou e sementa xente do noso país por Europa e America? Que pouca memoria!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario