martes, 24 de diciembre de 2019

25 de Nadal de 2019


PEREGRINACIÓN A TERRA SANTA COA DIOCESE

POLOS CAMIÑOS DE 
TERRA SANTA 
CO AMIGO DO SEÑOR


  •  INFORMACIÓN 

Este ano 2020 a parroquia de Santa Uxía de Riveira únese á Peregrinación Diocesana a Terra Santa. No ano 2019 viaxamos a Roma, Asís, Florencia e Venecia. Este ano os que o desexen poden participar na Peregrinación a Terra Santa do 6 ao 13 de xullo. Para ter información poden preguntar ao párroco de Riveira ou escribir ao mail que aparece na foto e que encontrarás ao final desta noticia.
É unha viaxe e peregrinación única na que visitaremos os santos lugares desde a mirada do apóstolo Santiago.

A peregrinación diocesana a Terra Santa quere servir de preparación ó vindeiro Ano Santo Compostelano 2021, para que seguindo os pasos do Maestro en Terra Santa, con Santiago Apóstol, o amigo do Señor, nos convirtamos en alegres discípulos e a nosa volta sexamos gozosos misioneiros.

  • ITINERARIO PREVISTO (pode cambiar o orden de visitas):

Día 6 de xullo.        Avión Santiago 13:35 – Madrid 14:50 //  Avión Madrid 16:10 –  Tel Aviv  21:55.

Día 7 de xullo.        Monte das Benaventuranzas- Tabgah- Cafarnaúm- Betsaida- Gadara

Día 8 de xullo.        Monte Tabor- Caná- Xordán- Lago Tiberiades.

Día 9 de xullo.        Nazaret- Monte Carmelo- Belén

Día 10 de xullo.    Gruta Pastores- Basilica Natividade- Xerusalén (Abadía da Dormición e Cenáculo)

Día 11 de xullo.    Monte das Oliveiras- Xetsemaní- San Pedro en Gallicantu- Monte Calvario Santo Sepulcro

Día 12 de xullo.    Igrexa de Santiago- Vía Crucis (Vía Dolorosa)- Jaffa

Día 13 de xullo.    Saída cara Santiago ás 05:55. Final: Monte do Gozo


A peregrinación conta cun total de 150 prazas.


  • PREZO
          Prezo total:    1.470,00 €     (Habitación doble) *Suplemento hab. ind. +  450,00€

  •  Nº de Conta en ABANCA
           Peregrinación Diocesana ES65 2080-0379-11-3040004323

  • INSCRICIÓN E PRAZOS

Posibilidade de facelo dos seguintes modos:

Tres prazos: Primeiro prazo ao inscribirse cunha cantidade mínima de 500 €. O resto de prazos e cantidades segundo as datas indicadas no díptico de inscripción.
  1. Prazo único: Inscrición e ingreso do custo total. 
  2. Sinal: abonando a cantidade de 350 € ao inscribirse, e o resto antes do 10 de maio. 
En calquera das modalidades teranse en conta as seguintes indicacións:
  • As prazas son limitadas e iranse cubrindo segundo a orde de chegada das inscricións ata completar as prazas; 
  • Hai que sinalar sempre ao inscribirse o tipo de modalidade que se seguirá. 
  • Data límite de toda inscrición: 15 de Maio de 2020 (para calquera das modalidades). 
  • Seguro de Cancelación: Unha porcentaxe moi alta dos xa rexistrados solicitaron información acerca dun seguro de cancelación. Comentámolo coa axencia e ofreceunos o seguro de cancelación para quen o solicite voluntariamente e cun custo adicional de 30 € por persoa. A continuación achegamos dous arquivos cos datos do seguro. Seguro Cancelación Garantías seguro cancelación 
 Para máis información: peregrinacionterrasanta@archicompostela.org

lunes, 23 de diciembre de 2019

Luz da Paz de Belén 21-12-2019


Son moitas persoas , entre os que destacan familias, nenos/as, mozos/as, avós, sacerdotes, catequistas, colaboradores da parroquia, …que se achegaron o día 21 a Santiago a participar na celebración da Luz da Paz de Belén. Son os encargados de ser «misioneiros da luz» e levala como signo de paz á súa parroquia para compartila coa súa comunidade de fe; á súa casa, para regalala á súa familia; ou a alguén que se atope só, sen esperanza nin ilusión, … e necesite da luz e da calor da fe.

 













Tamén chegou ao noso Arciprestado de Postmmarcos de Abaixo. O Arcipreste, Don Manuel Antonio Villar leva a Luz da Paz de Belén para as súas parroquias de Pobra do Caramiñal, O Xobre e Palmeira.


A Luz da Paz de Belén entra nas mans de Quico na parroquia de Santa Uxía de Riveira. Son as 20.00h e vai a comezar a celebración da Eucaristía, IV Domingo de Advento. A comunidade parroquial acolle a Luz da Paz de Belén.



Coa Luz da Paz de Belén acendemos as velas da Coroa de Advento e as velas cas que oos misioneiros distribuirán a Luz entre os feligreses para levala aos fogares das familias, ás casas dos enfermos a través dos seus visitadores, ás persoas que esperan a comuñón nas súas casas, á persoas maiores que están soas  … Para que todos poidan sentir a luz de Belén preto. Con esta luz tamén se acenderán a luz do Portal. Tamén na igrexa parroquial acendemos a luz da lampara do Santísimo, co compromiso de que non se apague en todo o ano e se manteña así acesa ata o próximo nadal. Así lembraranse durante todo o ano que a Palabra de Deus fíxose Carne en Belén hai 2000 anos.






















miércoles, 11 de diciembre de 2019

Venres 13 de decembro


O vindeiro venres 13 de decembro
 
MISA SOLEMNE 
Celebración de Santa Lucía ás 19.00
 
CONCERTO DE NADAL a continuación





sábado, 7 de diciembre de 2019

FESTIVAL DE CÁRITAS

PODES QUEDAR NA CASA
PODES PARTICIPAR E MANIFESTAR
A TÚA DISPONIBILIDADE,  XENEROSIDADE E
PREOCUPACIÓN POLOS MÁIS DÉBILES E INDEFENSOS
DA SOCIEDADE.