miércoles, 26 de febrero de 2020

MÉRCORES DE CINZA. RIVEIRA 2020



Esgazade o voso corazón, e non os vosos vestidos

       Co mércores de cinsa comezamos o tempo de Coresma, un tempo forte dentro do ano litúrxico que nos prepara de cara a gran celebración cristián da Pascua. A cinsa que hoxe se nos impón na liturxia é signo dunha actitude do corazón, que nos empuxa á unha auténtica conversión e celebración da Pascua. 

       O Xaxún, a oración e a limosna á que se nos invita en todo este tempo, son tamén froito desa actitude do corazón. O evanxeo é moi claro: nada de aparentar nin figureo farisaico; en cambio, si á esmola, si á oración, si a algunhas renuncias en pequenos xestos silenciosos, anónimos. 

         A Coresma non é sinónimo de tempo triste ou de abatemento. A Coresma é "tempo favorable", "tempo de gracia", tempo de novas oportunidades. Vivimos a vida sen darnos un verdadeiro respiro, andamos afogados polas presas do traballo, da familia, do día a día. Gardamos unha apariencia exterior pero sabemos que por dentro estamos cansos e agotados, e no máis profundo moitas veces feridos. Son as feridas que van deixando a indeferencia, o desprecio, o egoísmo, a falta de amor, a superficialidade das relacións, a intolerancia, a envidia, a violencia e moitas outras que cada un de nós coñece porque as vivimos en primeira persoa. 

      Precisamos de pechalos ollos por un momento, de buscar un lugar axeitado, silencioso, propicio, para vivir de forma extraordinaria o gran acontecemento que o pode cambiar todo: o encontro contigo mismo e con Deus. A Coresma é lugar de desierto, lugar de encontro, de silencio e de escoita; é o tempo favorable que culmina na VIDA, na PASCUA. 

        Precisamos de desnudar a vida de todo o superfluo, da falsedade e mentira, da apariencia e engano. Neso consiste tamén a conversión. O encontro con Deus é necesariamente conversión e camiño cara a Pascua. É certo que nos tempos actuais fuximos desesperadamente de todo sufrimento e dor, e con todo temos que ser conscientes que non hai gloria sen pasión, que non hai alegría sen perdón, sen conversión. No exterior somos capaces de poñernos a maiores dietas e exercicio, co esforzo e sufrimento que moitas veces conlevan, de cara a sentirnos ben e mostrar o mellor de nós mismos. E aínda que afirmamos que o exterior é reflexo do interior, a este non lle facemos caso. 

      Hoxe é mércores de cinsa, un día no que podes aproveitar esta oportunidade: déixate marcar pola cinsa da humildade, pon nas mans de Deus o teu cansancio e agotamento, o desprecio que fixo sufrir a outros ou o que te fixo sufrir a ti, o egoísmo propio e alleo, a envidia ou a soberbia, ... E non te sintas só ou soa xa que todos camiñamos á par, cunhas limitacións que nos identifican e coa referencia "Xesuscristo" que compartimos. Como peregrinos camiñemos cara a Pascua, a través da conversión e da búsqueda da mellor actitude do corazón. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario