Seguir: Non significa camiñar detrás sen máis, senón seguir os pasos de Xesús en todos os sentidos. Se sigues os seus pasos atoparaste mezclado no medio dos pobres, dos marxinados, dos rexeitados,... Serán discutidas as túas actitudes. Conmoveraste ante o sufrimento e a dor dos demáis e sentirás o consolo dos que sofren. Serás compasivo ante os erros e pecados de quen te rodea. Denunciarás as inxustizas e os abusos. Antes dos momentos importantes e decisivos buscarás un lugar apartado para a oración. Falarás de Deus coa confianza de quen se sabe fillo/a...
Renuncie a sí mesmo: a orde de prioridades e a escala de valores cambia profundamente para quen sigue a Xesús. O que antes gardaba no primeiro posto agora pasa a un lugar totalmente secundario. Vin a servir, non a ser servido; a dala vida en rescate por todos, e outras afirmacións de Xesús deixan claro a que obriga o seguimento. En Xesús contraponse unha actitude pasiva, de espera a que todo suceda a unha actitudse activa, na que hai unha iniciativa de saír ao encontro, ás periferias da propia vida. Na proposta de Xesús non hai posibilidade de egoísmo, de buscarse a un mesmo.
Cargue coa cruz de cada día: A vida de Xesús non deixa indiferente a ninguén, e con todo quen queira seguir os seus pasos non pense que o pode facer sen máis, sen poñer da súa parte. A cruz non consiste en ir buscando problemas ou sufrimentos gratuitos, senón cargar co pecado propio e alleo, coa falta de esperanza, revelarse contra as inxustizas, sentir o peso da incomprensión, defender aos débiles,... Unha vida sen cruz é aquela que non participa nin se sinte implicada no mundo que a rodea nin se importa a sí mesma.
Me siga: Seguir a Xesús é camiñar con El, falar con El, ter trato e interese pola súa persoa. Seguir a Xesús é salvala vida.
CANTO: Dame tus ojos (Pincha aquí)
No hay comentarios:
Publicar un comentario