sábado, 28 de marzo de 2020
viernes, 27 de marzo de 2020
Acompañamos e rezamos coa familia de Ramona
Temos presente na oración a Ramona e ca oración unímosnos á súa familia.
Que o Señor, consolo dos que
choran e forza dos que se senten abatidos, alivie a tristura dos que choran por Ramona e
lles conceda atopala novamente no Reinode Deus
martes, 24 de marzo de 2020
Acompañamos á familia de Gelucha
Momentos sempre difíciles, máis este no que ao estar na alerta sanitaria non nos permite acompañar ás familias que perden un ser querido. Temos presente na oración a Gelucha e ca oración unímosnos á súa familia.
domingo, 22 de marzo de 2020
DOMINGO 22 DE MARZO DE 2020
22 de marzo de 2020
Domingo IV de Coresma
Na oración de hoxe e na celebración da misa tiven presentes a todas as persoas da parroquia: os nenos/as da catequese, os mozos/as de Confirmación, os pais e nais que acompañan aos seus fillos e celebran o domingo a misa de 11.30h, as persoas maiores que nunca fallan, as persoas enfermas que non saen das súas casas, á residencia de maiores, aos catequistas, á miña familia e a cada unha das familias de Santa Uxía,... Non deixemos a oración porque nela mostramos a nosa confianza en Deus Pai, e nela sentimos que estamos unidos. A oración é a nosa forza neste momento.
Tamén e de forma moi especial recordo con todos vós ás dúas persoas que faleceron desde que estamos confinados nas nosas casas e ás súas familias: Manuel Martínez Colomer, finado o domingo pasado, día 15 e que recibiu sepultura só coa familia máis achegada o luns 16; e Julio Pérez González, que finou o 20 de Marzo e incinerado o 21. Deixo nesta entrada as súas esquelas. Sempre a morte mostra unha gran dureza pero neste tempo ten o engadido de enterrarmos aos nosos familiares sen o calor dos amigos, veciños e tamén familiares, xa que só se permite unha cantidade de persoas. Por iso, desde aquí lles mostramos as nosas condolencias e a nosa cercanía.
A TER EN CONTA: Ás 20.00h de cada día soarán as campás das igrexas de Riveira e Santa Clara durante tres minutos. Hai un grupo moi numeroso de persoas que están a traballar sen descanso, no campo da sanidade e da medicina, da seguridade, da protección civil, dos auxiliares que se adican ao coidado dos máis vulnerables (dos maiores e enfermos), de servizos como os supermercados, tendas de alimentación, farmacias,... Cada día ás 20.00h, e seguindo tamén a suxerencia do Alcalde de Riveira, soarán as campás para sumarse á ovación que facemos a toda esta xente.
Ás 12.00 do mediodía de cada xornada tamén soarán as campás a petición da Igrexa Española e da CEE.
Propoñemos que ás 12 do medio día soen as campás para mostrar o noso agradecemento e fraterna solidariedade e orar: – Polos enfermos contaxiados polo virus, polos seus familiares, por quen está en corentena e por outros enfermos que ven afectada a súa atención pola prioridade de atallar a pandemia. – Polos traballadores de todos os Centros e Servizos Sanitarios e todos os servizos públicos. – Polos Equipos de Emerxencias, polos de Protección Civil e polas Forzas de Seguridade do Estado – Polos Equipos de Pastoral da Saúde e polos voluntarios. – Polas persoas de risco: nenos, maiores e enfermos crónicos. – Polos pais, nais, avós e educadores. – Polos que están a vivir esta situación de emerxencia en soidade. – Por quen carece de fogar ou do imprescindible para vivir. – Polas diversas autoridades públicas. – Polos sacerdotes, os Mosteiros de vida contemplativa e a vida consagrada, que coa súa oración e entrega seguen dando esperanza a todos os cidadáns. E propoñemos que, como conclusión do *Ángelus, digamos xuntos estes días e a esa hora a oración do Papa Francisco: “Oh María, Ti resplandeces sempre no noso camiño como signo de salvación e esperanza. Nós encomendámonos a ti, saúde dos enfermos, que #ante a Cruz fuches asociada á dor de Jesús mantendo asine a túa fe. Ti, Salvación de todos os pobos, sabes o que necesitamos e estamos seguros de que proverás para que, como en Caná de Galilea, poida regresar a alegría e a festa despois deste momento de proba. Axúdanos, Nai do Divino Amor, a conformarnos á vontade do Pai e a facer o que nos dirá Jesús, que tomou sobre si os nosos sufrimentos. E tomou sobre si as nosas dores para levarnos, a través da Cruz, ao gozo da Resurrección. Amén. Baixo a túa protección, buscamos refuxio, Santa Nai de Deus. Non despreces as súplicas dos que estamos na proba e líbranos de todo perigo, oh Virxe gloriosa e bendita!Que o Señor vos bendiga, gárdevos e concédavos a paz!

ESQUELAS
sábado, 21 de marzo de 2020
CREO, SEÑOR IV Domingo de coresma.
Imaxe tomada de Aleteia. Se pinchas na imaxe podes comprender esta pasaxe desde esta pintura do Greco
Gustaríame captar con profundidade e ter a capacidade de asombro ante a beleza que podemos contemplar na natureza, nunha obra de arte, ..., pero, sobre todo, o corazón das persoas que me rodean, sen facer acepcións. Dise que os os ollos son espello da alma porque expresan as nosas emocións, os nosos medos,... E tamén se pode engadir que din moito de nós en como miran e recollen a información do que ven.
Desto creo que nos falan as lecturas deste domingo IV de Coresma. E dalgunha forma contraponse a mirada de Deus e de Xesús á nosa mirada. Na primeira lectura Jesé presenta dos 8 fillos só a 7 e deixa ao máis pequeno fora porque da por sentado que non forma parte dos posibles elexidos, é dicir, queda descartado. Cal é a sorpresa que é xustamente ese, o pequeno, o máis humilde, co que non se conta, o que Deus elixe. Hai unha frase de Deus a Samuel que non pode pasar por alto: "Non te fixes na súa aparencia nin no elevado da súa estatura, [...] o home mira aos ollos, máis o Señor mira o corazón".
No evanxeo do cego de nacemento hai moitos detalles pero para quedarnos co importante fixémonos no seguinte:
Fariseos: Só se fixan en que Xesús trangrede a lei. A curación do cego non conta, non importa: o que importa é cumprir a lei.
Veciños: Só ven a un mendigo, "o que se sentaba a pedir"
Discípulos (outros): No mellor dos casos ven a un pecador: "Como ía poder un home pecador facer estes sinais?"
Xesús: Ve a un home cego de nacemento. Só Xesús no cego de nacemento ve a un home.
Cada un ve según as claves polas que se rixe a súa vida, que son ás que lle dou acceso ao corazón. E a grandeza desta pasaxe do evanxeo é que só o cego é capaz de recoñecer en Xesús ao Fillo do Home.
Ao final o evanxeo conclúe con "Creo Señor". Crer en Xesús non depende dos ollos que miran superficialmente, senón dos ollos do corazón que posúen a capacidade de ver máis alá do aparente, do exterior. Os ollos do corazón son os que nos axudan a descubrir a Deus, máis preto de nós do que o esperamos. O que vén de Deus só podemos comprendelo desde a fe.
CANTO:
XESÚS É A LUZ DO MUNDO
Luz que permite ver con claridade,
que descubre o que hai no fondo do corazón humano,
que é capaz de superar os obstáculos do cumprimento, do orgullo, do egoísmo e, en definitiva, do pecado.
Luz que limpa, que purifica, que sana,
que se abre paso no medio da oscuridade, da tristeza e da morte.
Luz que o penetra todo e o ilumina dunha maneira nova. Que converte en novo a quen se deixa iluminar por El.
A túa luz fai que vexamos nós a luz.
Unha semana de confinamento
Unha semana na que todos experimentamos como os nosos plans cambiaron e necesariamente nos tuvemos, (e temos aínda hoxe), que adaptar. Sempre temos moita facilidade para queixarnos e hoxe, como botamos de menos a vida "normal" que levabamos! E con todo, esta situación ten que sacar de nós o mellor, que está en moitos casos dormido na monotonía e rutina diarias. Aproveitar este tempo para poñer en movemento certas partes da nosa vida que polas presas, o traballo, o cansancio, antes non podiamos facer.
É MOI FÁCIL DEDICAR ESTE TEMPO AO SOFÁ, TELEVISIÓN, MÓBIL, INTERNET,..., e aburrirnos incluso de todo esto. E como me aburro estou de mal humor. E como estou de mal humor... Estar confinados non quere dicir que o pixama sexa o vestido habitual. Hai que trasladar a vida que facemos a diario á propia casa, ao ambiente familiar.
Un decálogo a modo de proposta:
- Agora non hai excusas, hai tempo para adicarlles aos teus. O traballo e o pouco tempo do que dispoñemos con normalidade, non nos permite disfrutar da familia. Este é un bo momento para escoitar, para rir, para contar historias, para facer proxectos e, especialmente, para mostrar o teu amor de esposo/a, de pai, de nai, de fillo/a, de neto/a.
- Como dispoñemos de tempo tamén podemos sacarlle partido á nosa espontaneidade e creatividade: á hora de cociñar, de poñela mesa, de levantarnos ou de deitarnos, de propoñer un xogo en familia,...
- Ter moi presentes aos nosos veciños ou familiares que se atopan sós. Preocuparnos por eles, chamarlles, ou procurar axuda se o precisan. Por desgracia moitas das persoas que se atopan soas son das chamadas agora de "risco". Están as autoridades facilitando un teléfono para que cunha chamada se sintan menos sós, e esto está ben. E con todo, creo que é moito mellor que o fagamos os que vivimos preto, nos une a amistade ou lazos de sangue.
- Saír a tomar un café ou un viño é o desexo de moitas persoas que xa no primeiro ou segundo día de confinamento o expoñían con claridade nas redes sociais. Tamén se pode facer isto en familia: con quen mellor que cos que vives e queres? Saca unhas olivas ou unhas pastas, prepara un café e disfrútao coa túa familia.
- O espazo no que nos movemos é pequeno. O movemento e exercicio pódese minguar de todo e resentirse a nosa saúde. Hoxe hai recursos de sobra en internet para facer exercicio e para facelo en familia. Zumba en familia pode repercutir de dúas maneiras: as risas que se poden botar e o exercicio como tal. Nos dous casos repercute na saúde.
- O estar confinados ten unha repercusión moi positiva a nivel mundial (sempre hai que velo positivo de cada situación): a redución da contaminación. Pode ser a ocasión, se non o facías antes, de activar na túa casa unha campaña de reciclaxe, que axude ás boas prácticas en favor de coidar a "casa común".
- Unha oportunidade para desempolvar e ler ese libro que levas meses desexando ler. Unha boa lectura sempre é enriquecedora e anima o día. Tamén hai tempo de sobra para preparar o exame ou as asignaturas, seguindo o traballo que os mestres envían telemáticamente.
- Hai amigos/as aos que pouco a pouco lles fomos perdendo a pista. Pospoñemos unha chamada unha e mil veces. Nese minuto que queda aproveita e dalle unha alegría a ese amigo/a. Seguro que hai miles de anécdotas que contar.
- Garda no día momentos para a meditación, para a lectura da Palabra de Deus e para a oración. "Non abandonar a pregaria na tribulación nin a acción de gracias na alegría": a diario dar gracias a Deus polo novo día, por cada membro da familia, pola vida e a saúde, polo amor que desexamos dar e polo que recibimos. Poñer nas mans de Deus a nosa vida é un acto de fe e tamén de esperanza, co compromiso de loitar por contribuir na procura dun día alegre e agradecido. Bendicir os alimentos antes de comer é recoñecer a man de Deus que está no medio de nós, no alimento material e tamén no espiritual que alimenta o noso interior. Rematar o día dando gracias e pedindo perdón dos erros é síntoma de humildade, de esperanza e de amor a Deus e aos demáis, neste caso á túa familia. Se queres achegarte á igrexa para rezar un momento podes facelo polas mañáns de 10.00h a 13.00h, sempre cumprindo co que nos piden as autoridades sanitarias, de distancia, ...
- Finalmente: bo humor, caridade, responsabilidade e quedanacasa. Bo humor porque che axuda a ti e tamén a quen está contigo a vivir esta situación complexa e inusual. Caridade porque está na túa man actuar desde o servicio e o amor de cara aos demáis; e porque tamén é caridade mirar polo ben dos demáis sendo ti responsable. Non xogues coa túa vida e menos coa dos demáis: se te expós non seguindo as normas e actúas de forma irresponsable has saber que están poñendo en risco a túa vida e a dos teus. Non xogues coa vida, cóidaa! Pensa que esto non é un capricho: quedanacasa.
miércoles, 18 de marzo de 2020
San Xosé, home xusto e bo
Non son tempos estes de complicacións e de grandes discursos. A bondade e a xusticia ábrense paso nun mundo plural, onde todos expresamos o noso criterio e discurso como único e absoluto. A figura de San Xosé, de quen sabemos moi pouco, interpélanos na actualidade. Non escoitamos da súa boca xuicios, críticas, discursos, ... Descubrimos no silencio a un home cheo de bondade e xusto. Temos, coma San Xosé, nas nosas mans dúas opcións, dous camiños que escoller. A opción da bondade e da xusticia non admite nin a mediocridade nin a indiferencia, o quedarnos quietos sen tomar partido. A figura de San Xosé presenta un modelo para a humanidade actual onde a liberdade xoga un papel especial, que fai da acollida, da xusticia, da bondade e o amor un estilo de vida; e onde a fidelidade e confianza en Deus se expresan nas mellores actitudes do corazón humano.
O amor, a bondade, a xusticia non son froito da debilidade ou da simpleza. Son propios de quen se entrega totalmente, de quen cre e confía, de quen ten esperanza e se compromete. Como podemos frenar os protagonismos vacíos, os discursos estériles, os propósitos sen compromiso real? Como podemos vencer o mal que atopamos no noso egoísmo e na nosa falta de caridade?
No medio desta situación na que, confinados polo Covid-19, miramos con moita perplexidade a variedade de actitudes e posturas adoptadas, convén que nos fixemos na xente sinxela, que non fai ruido. Aquelas persoas das que non dubidamos pola súa bondade, polas súas actitudes e compromiso activo. Porque están no medio deste virus atendendo a enfermos e familiares, a persoas vulnerables e necesitadas. Porque están nas súas casas sen saír, cumprindo co seu deber de non extender máis este virus e de non poñer en risco a outras persoas.
A bondade de San Xosé ha ser un rasgo esencial da Igrexa, porque é desde a bondade, o amor, o compromiso polos pobres desde onde podemos entender a Xesús. A Resurrección e a Vida son froito dun amor sen condicións.
Celebramos no día de San Xosé tamén o día do Seminario. Na nosa oración temos presentes aos seminaristas da nosa diocese e, de forma especial, a Patrick, que este ano de pastoral está na nosa parroquia de Santa Uxía de Riveira. Que teñan un corazón cheo de bondade, que sexan honestos e que sexan ao seu tempo pastores según o corazón de Xesucristo. Con eles damos gracias a Deus polos sacerdotes que trataron de vivir a súa vida fieis a Deus e ao servicio dos demais.
E como é o día do Pai tamén a eles, aos nosos pais, os temos presentes hoxe na nosa oración, especialmente de agradecemento. Invítoche a que antes de facerlle un regalo lle dediques algo de tempo, e neste momento temos tempo dabondo, a facer un percorrido pola túa historia recordando ou redescubrindo o que recibiches, as actitudes e a impronta que teu pai deixa ou deixou en ti. A indiferencia, o egoísmo, a comodidade e, en moitos casos, esta sociedade na que só importa o que produce e aporta, os pais deixan de ser valorados e non se teñen en conta. Co puñetero Covid-19 hoxe son noticia moitas persoas maiores e moitos pais, algúns (demasiados) confinados en residencias antes da existencia deste virus. Como pais no tiveron fácil antes nin o teñen fácil na actualidade, co que todo recoñecemento e gratitude é recuperar a humanidade e o sentido común. A Deus que é Pai e a San Xosé, home bo e xusto, rogamos polos pais, polos seminaristas, pola Igrexa, polo mundo.
DEIXA QUE A BONDADE GUÍE A TÚA VIDA
CANTO: EL AMOR Y LA BONDAD (Pincha aquí)
ORACIÓN
Sé bo, Señor, conmigo
e ten compasión de quen se dedica a falar por falar,
de quen é capaz de ver todos os erros e maldades,
pero non é capaz de recoñecer os propios,
de quen quere impoñer o seu criterio porque
non ten tempo de escoitar o que pensan os demais,...
Sé bo, Señor, conmigo
ainda que non mereza a túa compasión
aínda cando me gusta complicalo todo
e escaseo na bondade e na honestidade.
Pon diante de mín a persoas que como San Xosé
me enseñen actitudes que van máis alá dos meus intereses,
persoas fieis que me enseñen a falar menos e a entregarme máis.
Pon no corazón de cada seminarista e sacerdote
un amor sen condicións a Ti e ao próximo,
especialmente aos máis vulnerables e pobres.
Préstame da túa sensibilidade para poder ver cos ollos do corazón
e recoñecer á xente sinxela que coma San Xosé ou
a viúva do evanxeo dan todo o que teñen, sen facer ruido.
A tanta xente que pasa desapercibida,
que non ten protagonismo nin sae nas noticias.
Aos pais valorados polos seus fillos e aos olvidados,
aos axentes sanitarios que nestos días non teñen tempo de aburrirse,
e a todas as persoas cheas de bondade que son
sen darse conta evanxeo vivo, boa noticia.
domingo, 15 de marzo de 2020
DOMINGO III DE CORESMA
Se coñecése-lo don de Deus e quen é o que che di "dáme de beber", ti mesma lle pedirías a el e el daríache auga viva.
Se queres ler as lecturas do día pincha aquí
Parece que Deus está empeñado en que o home e muller atopen a verdadeira liberdade. Hai que poñer vontade e esforzo por todas as partes e, especialmente, hai que confiar. Fiarse porque non é a primeira vez que buscamos a Deus e El sempre está aí. Sempre temos experiencia de, ante os nosos límites, coñecer como Deus se fai presente e non temos motivos para ter dudas de que o seu é un proxecto de liberación e salvación.
Nas dificultades do camiño, ante a sede, a fame, o cansancio, a enfermidade non olvidemos que podemos contar con Deus.
Na samaritana na procura de auga vémonos reflexados. Buscamos todos, sen excepción, a auga da vida plena, ainda que os pozos aos que nos achegamos son moi distintos.
Xesús hoxe invítanos a achegarnos a un pozo distinto (dos pozos nos que bebemos a diario) e ofrécenos auga fresca, auga viva, que calma a sede definitivamente. Xesús pasa a ser ese novo pozo no que todos/as os/as que teñen sede de vida plena atoparán resposta á súa sede.
Canto: Lléname Señor
ORACIÓN
Vivimos, Señor, momentos delicados
nos que periga a vida da xente máis vulnerable
a este virus, especialmente as persoas de idade,
os nosos avós, e tamén outras con afeccións
de corazón ou respiratorias. Somos moi diferentes
e, ás veces, un tanto inconscientes. Falamos de
solidaridade, de amor, de atención aos máis débiles;
e agora temos a oportunidade de mostrar que son
non só palabras senón feitos e expresión que identifica
a profundidade do corazón.
Este virus provoca unha grande crise: os afectados
directamente pola enfermidade, as persoas que viven
soas, as pequenas empresas e autónomos, os sanitarios/as
desbordados,... Axúdanos, Xesús, a fixar a nosa mirada
nas túas actitudes, que son sempre de ofrecer, de aportar,
de entrega e amor sen condicións. Axúdanos a ser hoxe
a túa voz, as túas mans e a túa mirada para transformar
esta crise nunha oportunidade de ofrecer desa auga viva
que calma a sede de verdade, que rompe o tapón que se forma
co egoísmo, ca individualidade, ca indiferencia
ou a búsqueda de culpables
e non de solidaridade desde unha auténtica igualdade,
sabéndonos todos fillas e fillos de Deus. No medio
destes días axúdanos a descubrir a sensibilidade
do corazón humano e as posibilidades dunha
humanidade plural pero non dividida, que ten claro
o valor da vida.
Comprometémonos coa situación que vivimos
e confiamos en Ti, que es auga fresca no medio do
deserto que é a nosa vida. Amén

viernes, 13 de marzo de 2020
domingo, 8 de marzo de 2020
DOMINGO II DE CORESMA
Despois do traballo que costa asentarse, atopar un sitio no que sentirse cómodo, é un fastidio que te fagan mover. Un dos fins da vida de hoxe semella que é conseguir estar instalados e cómodos. A primeira lectura de hoxe presenta a Abrán quen, salvando as distancias de tempo e tipo de vida, está asentado nunha realidade que lle costou atopar. E agora Deus dille "Sal da túa terra e ... ponte en camiño" Así é a vocación: unha chamada que en moitos casos significa deixar seguridades e comodidades para comezar de novo, guiándote só pola confianza en quen te chama. Supón arriscalo todo. A actitude de Abrán convírteo no Pai da fe de toda a humanidade coa promesa de Deus de bendecilo a el e á súa descendecia.
A pasaxe do evanxeo de hoxe ven precedida do final do capítulo 16 de Mateo onde Xesús di "que o ían executar e que ó terceiro día había resucitar" ao tempo que aos discípulos lles aclara que significa seguilo: "Se alguén quere vir comigo, que renuncie a si mesmo, que cargue coa súa cruz e que me siga". Vamos, que a sorte que vai a correr Xesús e o atractivo de ser discípulos queda claro para quen alegremente se plantexe poñerse en camiño.
É necesario subir ao monte da transfiguración. Se tes a capacidade de escoitar a chamada do Señor, se te fías del e te pos en camiño; se decides cargar coa cruz de cada día, deixando atrás as seguridades e comodidades, renunciando a ti mesmo e entregando a túa vida a Deus e aos demáis; se te comprometes a levar ata as últimas consecuencias o amor a Deus e aos teus irmáns e configuras así a túa vida á de Xesús, entón é necesario subir ao monte da transfiguración, lugar de encontro con Deus e anticipo da gloria á que estamos chamados.
Para os discípulos non tiña sentido a novidade que presenta Xesús: como vai a sufrir o Mesías? como se pode entender que fale da morte, e morte por execución? Cargar coa cruz? Só desde o monte da transfiguración se entende. Hai que subir, recoñecer a Xesús como Mesías, o Fillo que ven a cumprir as promesas de Deus, quen é mais que a lei (Moisés) e os profetas (Elías). Ten que haber un encontro con Deus que me anime a seguir, coa convicción de que a vontade de Deus non é o fracaso do home senón a Resurrección. Que vivir na seguridade e na comodidade, reservala vida non me asegura vivir plena e eternamente. E que, en cambio, a eternidade e a plena realización do home e da muller está en dala vida. Unha vez máis facémonos eco de que non hai gloria sen pasión, e de que é preciso subir e baixar ao monte da transfiguración continuamente.
Canto: Subiré a la montaña. (Pincha aquí)

sábado, 7 de marzo de 2020
SÁBADO I DE CORESMA
Cumprir os mandatos do Señor con todo o corazón e con toda a alma? Que supón? A que me compromete?
A orixinalidade do Evanxeo e, por tanto, da vida de Xesús é difícil de asumir e de vivir. Xesús camiña en dirección contraria, expoñendo a diario a súa vida, arriscándoo todo a cada paso e dándolle ao amor sen condicións un protagonismo absoluto. Esta orixinalidade segue sendo actual nun mundo que só se ama a sí mesmo, que usa a violencia por vinganza, por interés e egoísmo e, en moitos casos, gratuitamente, sen sentido.
Un desprecio, por moi pequeno que sexa, queda como unha marca ou ferida no corazón e convértese en rencor e en desexo de vinganza. Gardamos anos esta dor e dicimos que non somos capaces de perdoar. A novidade cristiá está en que amar non é amar só a quen me ama, como resposta, como froito. A novidade cristiá propón un amor sen límites nin condicións, semellante ao amor de Deus que fai saír o seu sol sobre malos e bos, e chover sobre xustos e inxustos.
Canto: Amad a vuestros enemigos (Pincha aquí)
viernes, 6 de marzo de 2020
VENRES DA I SEMANA DE CORESMA
A salvar, non a condenar! Temos que meter ben esto na nosa cabeza e corazón. Deus pon todo da súa parte para a nosa salvación, a súa vida é a nosa salvación. San Ireneo dicía que a gloria de Deus é que o home viva. Se recorres con Xesús o evanxeo e te atopas coa xente coa que El se mezclaba respiras sen duda o amor e a misericordia que se desprenden das actitudes e corazón de Xesús.
Non podemos dudar de que Deus quere a salvación de todos/as e neso invirte a súa vida. Agora ben, non sen ti; como di en Deuteronomio 30 "Mira que eu poño hoxe diante de ti a vida e a felicidade, a morte e a desgraza". Temos a sorte e tamén a responsabilidade de poder elexir, de escoller a dirección da vida que mellor nos pareza:
- "Cando o xusto se aparta das súas obras de xustiza e comete iniquidades e morre debido a elas, morre debido ás iniquidades que el cometeu. Cando o malvado se aparta da maldade que cometeu e practica o dereito e a xustiza, entón el consegue a vida." (Ezequiel 18, 26-27)
Quen queira conformar a súa vida coa de Xesús ten que ir moito máis aló de facer o que é correcto, o que é de obrigado cumprimento. O amor non entende de mediocridade nin de mínimos. Son horas de soltar as cadeas que nos atan, que non nos permiten ser expléndidos no perdón, no amor, na compasión, na apertura, na esperanza, ...
Canto: Perdón, Jesús, perdón. (Pincha aquí)
jueves, 5 de marzo de 2020
XOVES DA I SEMANA DE CORESMA
Pedir, buscar, chamar, verbos que indican actividade, que son propios de quen ten esperanza. Escoitamos ás veces que a Deus non lle hai que pedir porque El xa sabe do que precisamos. E ainda que é certo, pedir, buscar ou chamar non fan referencia só ao resultado ou ao obxeto en cuestión, senón que define ao suxeto, quen se sinte necesitado e, por tanto, conta cos demais e con Deus na súa vida, elimando toda autosuficiencia e individualismo; non se queda pasivamente esperando a que todo lle sexa dado senón que sae a buscar, mostra interés e desexo, confía e espera atopar; chama a outras portas, sae da súa propia casa, do seu criterio persoal, sae a ofrecer un corazón aberto que precisa dos demais e de Deus. Son tres actitudes que ben poden definir a vida dos cristiáns, que non se pechan en sí mesmos, que saben das súas limitacións e da necesidade de Deus.
Coma virus que infectan a sociedade e a levan a enfermar de forma teminal, aparecen no mundo a indiferencia, o individualismo, o relativismo. Actitudes de cara aos demáis, vivan preto ou lonxe. Perdemos a sensibilidade e acostumamos o corazón ao que vemos e coñecemos, ainda que sexa o máis inhumano e macabro. Os pobres xa non moven conciencias, os que morren nas fronteiras forman parte da paisaxe, as vítimas da violencia son parte da lectura diaria,... Convertimos en normal o que nunha sociedade sana é causa de dor e bágoas, de traumas e feridas. Seguimos dando pasos cara atrás cando xa non somos só indiferentes cos demáis senón con nós mesmos. A invitación de Xesús a pedir, buscar e chamar obriga a saír dese letargo no que nos aloxamos, no que o corazón deixa de latir con forza a causa da hipotermia, semellando estar morto.
Con humildade e confianza poño nas mans de Deus as miñas carencias e necesidades, os meus erros e pecados; e lanzo un grito de quen sabe que non está só, que Deus sempre está aí, á beira, preto de quen o busca e atento a que o chama.
Canto: Pedid y se os dará (Pincha aquí)
miércoles, 4 de marzo de 2020
MÉRCORES DA I SEMANA DE CORESMA
Cambiaron moitas cousas desde Xonás. Hai regueiros de tinta que mostran o recorrido dos séculos e a vida de cada xeración. A historia está marcada pola violencia e polos desencontros. E ainda hoxe, con todo o progreso e os avances, especialmente dos séculos XIX, XX e o actual, a violencia ten unha presencia excesivamente central na vida da humanidade. Estos días asistimos ao serio problema de Turquía e da Unión Europea, que non é novo. As fronteiras, o mal reparto das riquezas, a supremacía e abuso dos máis ricos, a desigualdade, o individualismo e a violencia siguen tendo un papel protagonista no día a día.
Non son poucos os profetas que na actualidade denuncian esta situación e nos piden un cambio: a conversión do corazón. Os ninivitas ecoitaron, recapacitaron e cambiaron radicalmente a súa actitude. Nós temos a sorte de contar coa presencia do Fillo, de Xesús, que coa súa Palabra e obras interpela a nosa conciencia. É urxente a miña, a nosa e a conversión de todos. Non precisamos de esperar ningún signo máis. A presencia de Xesús e a situación actual que vivimos son sufucientes signos da chamada a unha radical conversión.
Canto: Renuévame Señor (Pincha aquí)
Canto: Renuévame Señor (Pincha aquí)
MARTES DA I SEMANA DE CORESMA
Cal é o promedio de palabras que pronunciamos ao día? Cantas escoitamos? En que medida me aportan algo ou afectan na vida? Cada día do ano está cheo de palabras que escoitamos, que lemos, que pronunciamos e que con moita facilidade esquecemos. Non gardan un contido que mereza gardarse na memoria. Quizais temos facilidade de gardar aquelas que expresan desprecio ou que nos fan sentir feridos.
Tamén no pasa na oración. Non son necesarias moitas palabras pero en repetidas ocasións cansámonos de falar e de rezar, de monólogos e de oracións nas que sin ser conscientes do que dicimos repetimos as mesmas palabras unha e outra vez. "E cando vos poñades a rezar non sexades lareteiros coma os pagáns. Botan de conta que os van escoitar polo moito falar." (Mt 6,,7) Sobra dicir que non se trata de criticar ningunha oración en concreto senón de facer autocrítica de cara a que a oración sexa consciente, sincera e agradable a Deus.
Neste martes a liturxia fala da palabra que non se perde senón que da froitos, da palabra que se cumpre e permanece. Non son necesarias moitas palabras. Xesús é esa Palabra definitiva de Deus, encarnada na nosa realidade e condición, comprometida e disposta á transformar a nosa realidade facendo posible unha verdadeira conversión.
Canto: Tu palabra (Pincha aquí)
martes, 3 de marzo de 2020
LUNS I SEMANA DE CORESMA
Nados para ser santos, eso é o que somos. É unha pena que perdamos de vista a grandeza da vocación e da misión que ten a vida de cada un de nós. Vivimos coa mirada moi baixa, demasiado inclinada cara a terra, ainda que sabemos das limitacións da vida. Semella que xa nos deixamos vencer pola finitude e as limitacións, e que o pouco tempo que nos toca vivir o empleamos en conseguir o que finalmente nunca poderemos disfrutar, ainda que sexa a costa da alegría, da esperanza e da vida dos demáis.
Xesús entra na historia camiñando en dirección contraria á humanidade cunha actitude que capta como mínimo a nosa atención. A dirección na que nos movemos está comprometida por moitas derivas causadas polos ventos e corrientes do individualismo, da indiferencia, da comodidade e egoísmo, da desigualdade e da inxusticia. Xesús, en cambio, ten unha dirección clara, non afectada por ningunha deriva, movida por unha esixencia radical e que se convirte en clave para a vida da humanidade: o que fixestes con cada un dos máis humildes, a min mo fixestes. O amor concreto ao que ten fame, sede, a quen está espido, preso, enfermo,..., convértese na chave da VIDA e da felicidade. Facémonos eco de San Xoan da Cruz: "no ocaso da vida examinarannos do amor".
Canto: Al atardecer de la vida (Pincha aquí)
lunes, 2 de marzo de 2020
I DOMINGO DE CORESMA
O primeiro domingo de Coresma sitúanos case a comezo. A saída tivo lugar o mércores de cinsa. Saímos xuntos, en comunidade cara unha meta ben definida: a Pascua. A cinsa afirma a nosa existencia pobre pero con gran esperanza e futuro. Medios non nos faltan: a Palabra, a oración, o xaxún e a limosna.
Neste primeiro domingo das tentacións corremos o risco de poñer demasiada atención na fraxilidade humana e pouca na obra de Deus e na súa gracia, na ambición do home e da muller frente ao amor e á misericordia de Deus. De esquecernos que somos obra das súas mans, creados á súa imaxe e semellanza, que recibimos de Deus a vida e que estamos chamados a ser santos como El é Santo.
A fraxilidade humana lévanos a querer ocupar o lugar de Deus, a unha autosuficiencia que nos fai perder a nosa identidade, a esquecernos do que somos e quen somos. Neste camiño da coresma, coa axuda da Palabra, da oración, do xaxún e da limosna dásenos a oportunidade de volver á realidade, de eliminar da vida toda apariencia, de encontranos con nós mesmos e de abrir o noso corazón a Deus e aos irmáns. A maior esperanza ven de saber que contamos coa gracia e misericordia de Deus: onde abundou o pecado sobreabundou a gracia. Menuda sorte! A coresma é, por tanto, un tempo favorable, propicio.

Canto: Misericordia Señor por tu bondad (Pincha aquí)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)