sábado, 21 de marzo de 2020

CREO, SEÑOR IV Domingo de coresma.

La curación del ciego de El Greco (año 1567, The Metropolitan Museum of Art, Nueva York)


Imaxe tomada de Aleteia. Se pinchas na imaxe podes comprender esta pasaxe desde esta pintura do Greco


      Gustaríame captar con profundidade e ter a capacidade de asombro ante a beleza que podemos contemplar na natureza, nunha obra de arte, ..., pero, sobre todo, o corazón das persoas que me rodean, sen facer acepcións. Dise que os os ollos son espello da alma porque expresan as nosas emocións, os nosos medos,... E tamén se pode engadir que din moito de nós en como miran e recollen a información do que ven. 


     Desto creo que nos falan as lecturas deste domingo IV de Coresma. E dalgunha forma contraponse a mirada de Deus e de Xesús á nosa mirada. Na primeira lectura Jesé presenta dos 8 fillos só a 7 e deixa ao máis pequeno fora porque da por sentado que non forma parte dos posibles elexidos, é dicir, queda descartado. Cal é a sorpresa que é xustamente ese, o pequeno, o máis humilde, co que non se conta, o que Deus elixe. Hai unha frase de Deus a Samuel que non pode pasar por alto: "Non te fixes na súa aparencia nin no elevado da súa estatura, [...] o home mira aos ollos, máis o Señor mira o corazón".

     No evanxeo do cego de nacemento hai moitos detalles pero para quedarnos co importante fixémonos no seguinte:

      Fariseos: Só se fixan en que Xesús trangrede a lei. A curación do cego non conta, non importa: o que importa  é cumprir a lei.
      Veciños: Só ven a un mendigo, "o que se sentaba a pedir"
      Discípulos (outros): No mellor dos casos ven a un pecador: "Como ía poder un home pecador facer estes sinais?"
      Xesús: Ve a un home cego de nacemento. Só Xesús no cego de nacemento ve a un home.

      Cada un ve según as claves polas que se rixe a súa vida, que son ás que lle dou acceso ao corazón. E a grandeza desta pasaxe do evanxeo é que só o cego é capaz de recoñecer en Xesús ao Fillo do Home

      Ao final o evanxeo conclúe con "Creo Señor". Crer en Xesús non depende dos ollos que miran superficialmente, senón dos ollos do corazón que posúen a capacidade de ver máis alá do aparente, do exterior. Os ollos do corazón son os que nos axudan a descubrir a Deus, máis preto de nós do que o esperamos. O que vén de Deus só podemos comprendelo desde a fe.


CANTO: 



XESÚS É A LUZ DO MUNDO

Luz que permite ver con claridade,
que descubre o que hai no fondo do corazón humano,
que é capaz de superar os obstáculos do cumprimento, do orgullo, do egoísmo e, en definitiva, do pecado.
Luz que limpa, que purifica, que sana,
que se abre paso no medio da oscuridade, da tristeza e da morte.
Luz que o penetra todo e o ilumina dunha maneira nova. Que converte en novo a quen se deixa iluminar por El.
A túa luz fai que vexamos nós a luz.







No hay comentarios:

Publicar un comentario