Nados para ser santos, eso é o que somos. É unha pena que perdamos de vista a grandeza da vocación e da misión que ten a vida de cada un de nós. Vivimos coa mirada moi baixa, demasiado inclinada cara a terra, ainda que sabemos das limitacións da vida. Semella que xa nos deixamos vencer pola finitude e as limitacións, e que o pouco tempo que nos toca vivir o empleamos en conseguir o que finalmente nunca poderemos disfrutar, ainda que sexa a costa da alegría, da esperanza e da vida dos demáis.
Xesús entra na historia camiñando en dirección contraria á humanidade cunha actitude que capta como mínimo a nosa atención. A dirección na que nos movemos está comprometida por moitas derivas causadas polos ventos e corrientes do individualismo, da indiferencia, da comodidade e egoísmo, da desigualdade e da inxusticia. Xesús, en cambio, ten unha dirección clara, non afectada por ningunha deriva, movida por unha esixencia radical e que se convirte en clave para a vida da humanidade: o que fixestes con cada un dos máis humildes, a min mo fixestes. O amor concreto ao que ten fame, sede, a quen está espido, preso, enfermo,..., convértese na chave da VIDA e da felicidade. Facémonos eco de San Xoan da Cruz: "no ocaso da vida examinarannos do amor".
Canto: Al atardecer de la vida (Pincha aquí)
No hay comentarios:
Publicar un comentario