Cal é o promedio de palabras que pronunciamos ao día? Cantas escoitamos? En que medida me aportan algo ou afectan na vida? Cada día do ano está cheo de palabras que escoitamos, que lemos, que pronunciamos e que con moita facilidade esquecemos. Non gardan un contido que mereza gardarse na memoria. Quizais temos facilidade de gardar aquelas que expresan desprecio ou que nos fan sentir feridos.
Tamén no pasa na oración. Non son necesarias moitas palabras pero en repetidas ocasións cansámonos de falar e de rezar, de monólogos e de oracións nas que sin ser conscientes do que dicimos repetimos as mesmas palabras unha e outra vez. "E cando vos poñades a rezar non sexades lareteiros coma os pagáns. Botan de conta que os van escoitar polo moito falar." (Mt 6,,7) Sobra dicir que non se trata de criticar ningunha oración en concreto senón de facer autocrítica de cara a que a oración sexa consciente, sincera e agradable a Deus.
Neste martes a liturxia fala da palabra que non se perde senón que da froitos, da palabra que se cumpre e permanece. Non son necesarias moitas palabras. Xesús é esa Palabra definitiva de Deus, encarnada na nosa realidade e condición, comprometida e disposta á transformar a nosa realidade facendo posible unha verdadeira conversión.
Canto: Tu palabra (Pincha aquí)
No hay comentarios:
Publicar un comentario