miércoles, 4 de marzo de 2020

MÉRCORES DA I SEMANA DE CORESMA



      Cambiaron moitas cousas desde Xonás. Hai regueiros de tinta que mostran o recorrido dos séculos e a vida de cada xeración. A historia está  marcada pola violencia e polos desencontros. E ainda hoxe, con todo o progreso e os avances, especialmente dos séculos XIX, XX e o actual, a violencia ten unha presencia excesivamente central na vida da humanidade. Estos días asistimos ao serio problema de Turquía e da Unión Europea, que non é novo. As fronteiras, o mal reparto das riquezas, a supremacía e abuso dos máis ricos, a desigualdade, o individualismo e a violencia siguen tendo un papel protagonista no día a día.

      Non son poucos os profetas que na actualidade denuncian esta situación e nos piden un cambio: a conversión do corazón. Os ninivitas ecoitaron, recapacitaron e cambiaron radicalmente a súa actitude. Nós temos a sorte de contar coa presencia do Fillo, de Xesús, que coa súa Palabra e obras interpela a nosa conciencia. É urxente a miña, a nosa e a conversión de todos. Non precisamos de esperar ningún signo máis.  A presencia de Xesús e a situación actual que vivimos son sufucientes signos da chamada a unha radical conversión.

Canto: Renuévame Señor (Pincha aquí)

No hay comentarios:

Publicar un comentario