jueves, 5 de marzo de 2020

XOVES DA I SEMANA DE CORESMA




    Pedir, buscar, chamar, verbos que indican actividade, que son propios de quen ten esperanza. Escoitamos ás veces que a Deus non lle hai que pedir porque El xa sabe do que precisamos. E ainda que é certo, pedir, buscar ou chamar non fan referencia só ao resultado ou ao obxeto en cuestión, senón que define ao suxeto, quen se sinte necesitado e, por tanto, conta cos demais e con Deus na súa vida, elimando toda autosuficiencia e individualismo; non se queda pasivamente esperando a que todo lle sexa dado senón que sae a buscar, mostra interés e desexo, confía e espera atopar; chama a outras portas, sae da súa propia casa, do seu criterio persoal, sae a ofrecer un corazón aberto que precisa dos demais e de Deus. Son tres actitudes que ben poden definir a vida dos cristiáns, que non se pechan en sí mesmos, que saben das súas limitacións e da necesidade de Deus.

     Coma virus que infectan a sociedade e a levan a enfermar de forma teminal, aparecen no mundo a indiferencia, o individualismo, o relativismo. Actitudes de cara aos demáis, vivan preto ou lonxe. Perdemos a sensibilidade e acostumamos o corazón ao que vemos e coñecemos, ainda que sexa o máis inhumano e macabro. Os pobres xa non moven conciencias, os que morren nas fronteiras forman parte da paisaxe, as vítimas da violencia son parte da lectura diaria,... Convertimos en normal o que nunha sociedade sana é causa de dor e bágoas, de traumas e feridas. Seguimos dando pasos cara atrás cando xa non somos só indiferentes cos demáis senón con nós mesmos. A invitación de Xesús a pedir, buscar e chamar obriga a saír dese letargo no que nos aloxamos, no que o corazón  deixa de latir con forza a causa da hipotermia, semellando estar morto. 

     Con humildade e confianza poño nas mans de Deus as miñas carencias e necesidades, os meus erros e pecados; e lanzo un grito de quen sabe que non está só, que Deus sempre está aí, á beira, preto de quen o busca e atento a que o chama.


Canto: Pedid y se os dará (Pincha aquí)

No hay comentarios:

Publicar un comentario