A Fe nas procesións
de Semana Santa.
O paso de Xesús na
Horta das Oliveiras.
Costaleiros, confrades e todas as persoas que traballamos para que este paso poida percorrer o noso pobo na noite do Xoves Santo, temos a nosa devoción por esta imaxe que forma parte da tradición de Ribeira. Constitúe un dos momentos principais da celebración destes días, nos que volvemos a reconfortarnos coa Fe e a esperanza e na que lembramos o sufrimento do noso Señor por toda a humanidade, o que nos debe facer ser máis humildes, máis sinxelos e agarimosos cos demais, compartindo e repartindo o que teñamos, pois non hai maior xenerosidade que a que tivo Cristo por nós ao morrer na cruz.
Cando procesionamos imos rezando emocionados por un momento tan importante; uns choran e outros aguantan as ganas saloucando, nerviosos, descalzos… pero o momento de poñer o capuchón é un intre único, onde todos os sentimentos se mesturan nunha noite na que intentamos atopar o mellor de cada un de nós. Moitos están ofrecidos por eles ou polas súas familias, para superar unha enfermidade, para agradecer unha curación, para pedir por un fillo, por un pai, por un irmán ou por un veciño que o estea pasando mal.
A Fe está en
todos nós, ás veces máis e ás veces menos presente, pero sempre acesa
porque para os que somos cristiáns aínda que non teñamos tempo para participar
da Eucaristía dominical por diversas circunstancias, sempre temos un momento a
soas para rezar, xa que é algo que aprendemos dos nosos maiores, algo que nos
ensinaron os nosos pais. A Fe está sempre presente, sempre comigo e coa miña
familia e este ano aínda máis, xa que estamos a pasar por momentos duros,
tristes, angustiosos, nos que hai moito por quen rezar e porque sabemos que coa
axuda de Deus venceremos esta pandemia e voltaremos a xuntarnos para
celebrar a Paixón do noso señor Xesús Cristo, pero tamén para festexar a vida,
para ser felices e compartir bos e malos momentos sempre unidos porque unha
gran parte da nosa forza está na nosa Fe.
Mari Carmen García Torrado
Muy buena reflexión Mari,que Dios nos de fuezas en éstos duros momentos, alivie a los enfermos y a los que perdieron un ser querido en esta situación tan triste, y nos ayude para en el futuro sigamos manteniendo este sentimiento de unidad y humanidad...Un abrazo!
ResponderEliminarEstá moi ben o sentido que lle das, con esa Fe en Xesus, con esa forza pódeselle ganar a esta pandemia, vamos a salir adiante.Gracias M Carmen
ResponderEliminar