A celebración
Desde
as nosas casas podemos seguir as celebracións de Ramos:
Animamos
a seguir desde a TVG, por ser a nosa canle na que preside as celebracións o noso
arcebispo don Julián Barrio ou alguén no que el delegue. É unha forma de
sentirnos en comunión coa nosa diocese de Santiago e que noso pastor.
A expresión da Bendición e Procesión de Ramos
O
domingo pasado, o Arcebispo de Santiago de Compostela, D. Julián Barrio, nun
vídeo-mensaxe pedía aos diocesanos que, o Domingo de Ramos na Paixón do Señor,
saísen ás xanelas e balcóns das súas casas con ramas de oliveira e palmas, para
así recibir a Cristo que se encamiña á súa paixón pasando por entre as nosas
rúas. Quizais este ano, máis que nunca, é fácil entender que a súa Paixón é a nosa
paixón, o noso padecimiento, o noso
cativerio.
RETO
Realizar a nosa propia palma ou ramo para darlle a benvida a Xesús e convidalo a que,
nesta semana Santa, entre nos nosos fogares.
OBXECTIVO
Iniciar
xuntos a Semana Santa como o fixemos sempre na parroquia, e aproveitar a
oportunidade para vivir e manifestar a nosa fe, adornando e dando cor ás nosas
rúas baleiras e un pouco máis tristes do habitual.
PROCEDEMENTO
A
continuación ofrecémosvos algúns debuxos e persoais para axudarvos a construír
as vosas palmas e ramas para a celebración do próximo domingo.
De
igual modo, atoparedes algúns vídeos demostrativos para decorar e adornar as
xanelas e balcóns das nosas casas.
ANÍMASTE?
No hay comentarios:
Publicar un comentario