viernes, 10 de abril de 2020

ENCONTRO CAMIÑO DO CALVARIO

No camiño cara o Calvario ten lugar un encontro que, se está cheo de dor, máis o está dun inmenso amor: o encontro de Xesús con María.

Nesta escena, María contempla o fillo das súas entrañas aldraxado, ensanguentado, coroado de espiñas, totalmente desfigurado, cargando coa cruz; unha cruz que non merece, pero que forma parte do plan de salvación de Deus para a humanidade. Cúmprese a profecía do ancián Simeón: “A ti unha espada traspasarache a alma”. Non entende por que o seu fillo, inocente, ten que pasar por semellante suplicio, pero reafirma o Fiat (“Fágase”), fundamentado na fe e na esperanza, como fixo ao longo da súa vida.
Se o corazón de María está traspasado de dor, non o está menos o de Xesús ao ver a súa nai tan aflixida; mais ao saberse acompañado por ela, ao cruzárense as súas miradas, esas miradas que, sen necesidade de palabras, expresan os sentimentos máis íntimos, sente ese consolo e esa forza para poder culminar o plan do Pai.
Hoxe tamén moitas nais acompañan os seus fillos no camiño da dor e do sufrimento. Nais de fillos enfermos, escravos das adiccións, encarcerados ou condenados a morte; nais de emigrantes que son desprezados no país de acollida ou que morren antes de chegar a el, de cativos que loitan na guerra ou que morren de fame. O Señor lles conceda unha fe e unha esperanza como as que orientaron a vida de María.

E nós, seguindo o seu exemplo, esteamos sempre dispostos a saír ao encontro de tantos irmáns que se atopan sufrindo e se senten sós, e sexamos reflexo da súa mirada compasiva e amorosa.

Que as medidas de distanciamento social e illamento que se nos impoñen debido á pandemia que estamos a padecer nos sirvan para poñer en valor a necesidade que temos de sentirnos acompañados, sobre todo nos momentos máis difíciles da vida, e de acompañar tamén o próximo, como sempre fixo María, Nai agarimosa.   

   
José Francisco Fernández
Coordinación e Organización da Catequese

2 comentarios:

  1. Fran,Parabens,gustame moito a Tua reflexión, refleja moi ben o en contro de Xesus ca Virxe Maria, e traelo ao amor e dor, que tamen hoxe están sufriendo moitas nais. Gracias

    ResponderEliminar
  2. Fran, me encanta todo lo que refleja tu escritura y como mezclas el pasado y el hoy fundido en un mismo sentimiento..El Dolor que traspasa atraves de los años y que siempre es desgarrador. Y el Amor de la Madre, la de entonces..las de siempre, que sufren doblemente el sufrimiento del hijo...🙏🙏😘😘

    ResponderEliminar