lunes, 20 de abril de 2020

Hoxe, festa de San Alberto




Despois da celebración de San Alberto 2019, do bo sabor de boca que deixou a pequena peregrinación que fixemos desde a igrexa parroquial, e da fraternidade e alegría que se respirou en toda a xornada, este ano o Covid-19 non nos permite darlle continuidade, pero non nos quita de reservarnos para o ano 2021 e preparar unha gran festa na que poder

FACER A SUBIDA EN PEREGRINACIÓN XUNTOS, SEN DISTANCIAS

FALAR E COMPARTIR AS ALEGRÍAS E ESPERANZAS, SEN MÁSCARAS

PREPARAR UN XANTAR PARA TODOS/AS OS/AS QUE O DESEXEN, E SENTARNOS Á MESA NEN@S, ADULTOS E MAIORES. UNHA GRAN PULPADA-CHURRASCADA

TER UN TEMPO DE FESTA, CON GAITEIROS, XOGOS E DEMAIS

CELEBRAR A MISA NA HONRA DE SAN ALBERTO E AGRADECER A VIDA, A SAÚDE, A FAMILIA, O TRABALLO, E A LIBERDADE SEN CONFINAMENTOS.

A RECAUDACIÓN QUE SE FAGA ESE DÍA DESTINALA DIRECTAMENTE A CÁRITAS E ÁS PERSOAS AFECTADAS ECONÓMICAMENTE POLA CRISE.


 Ánimo e optimismo!
 Feliz día de San Alberto!

























No hay comentarios:

Publicar un comentario