Para entendelo vamos a ir por pasos:
- Cada parroquia non é unha illa, senón que forma parte dun Arciprestado (Riveira pertence ao Arciprestado de Postmarcos de Abaixo), dunha diocese (Diocese de Santiago de Compostela) e da Igrexa en xeral.
- Cada crente tampouco é unha illa e cando rezamos e celebramos a Eucaristía en comunidade a nosa oración é a oración de toda a Igrexa. A isto chamámoslle comunión, porque todos formamos parte do Corpo de Cristo, que é a Igrexa.
- Hoxe, domingo da Divina Misericordia, a primeira lectura dos Feitos dos Apóstolos dinos o que é unha comunidade auténtica, cara a que tendemos sendo conscientes das nosas limitacións:
Tíñano todo en común e eran perseverantes tamén na oración. Ser parroquia de guardia é dedicar este día á oración e a ter presente a toda a nosa Diocese de Santiago. A pedir, pedir sí, para que o Señor nos anime, nos dé fortaleza, nos axude a discernir no medio desta crise cal é o papel, a misión, que temos como cristiáns, nos conceda a suficiente sensibilidade para mirar máis aló da propia situación e a inspiración de Espírito Santo nos axude a decubrir os mellores camiños para que todos (sin excepcións nin acepcións) podamos saír desta crise reforzados e en comunión.
Poñer nas mans de Deus con toda a confianza a todas as persoas que se están esforzando na loita contra o Covid-19: sanitarios, coidadores, a todos os que traballan en servicios; ás persoas maiores, aos que viven sós, aos que están enfermos; a todas as familias que teñen a algún familiar afectado e non o poden acompañar; a quen perdeu un ser querido neste momento no que nin o podemos despedir como desexamos. Son as nosas preocupacións, o noso sufrimento, a nosa dor, que nas mans de Deus transfórmanse en esperanza.
Recordemos nesta Festa da Misericordia o poder tranformador da fe pascual. E con San Pablo na Carta aos Romanos teñamos a confianza que "en todas estas cousas vencemos coa axuda daquel que nos amou. Porque estou seguro de que nin a morte nin a vida, nin os anxos nin os principados, nin o presente nin o porvir, nin as potestades, nin a altura nin o abismo, nin calquera outra criatura nos poderá afastar do amor que Deus nos ten en Cristo Xesús, noso Señor".

ORACIÓN
Vivimos, Señor, momentos delicados
nos que periga a vida da xente máis vulnerable
a este virus, especialmente as persoas de idade,
os nosos avós, e tamén outras con afeccións
de corazón ou respiratorias. Somos moi diferentes
e, ás veces, un tanto inconscientes. Falamos de
solidaridade, de amor, de atención aos máis débiles;
e agora temos a oportunidade de mostrar que son
non só palabras senón feitos e expresión que identifica
a profundidade do corazón.
Este virus provoca unha grande crise: os afectados
directamente pola enfermidade, as persoas que viven
soas, as pequenas empresas e autónomos, os sanitarios/as
desbordados,... Axúdanos, Xesús, a fixar a nosa mirada
nas túas actitudes, que son sempre de ofrecer, de aportar,
de entrega e amor sen condicións. Axúdanos a ser hoxe
a túa voz, as túas mans e a túa mirada para transformar
esta crise nunha oportunidade de ofrecer desa auga viva
que calma a sede de verdade, que rompe o tapón que se forma
co egoísmo, ca individualidade, ca indiferencia
ou a búsqueda de culpables
e non de solidaridade desde unha auténtica igualdade,
sabéndonos todos fillas e fillos de Deus. No medio
destes días axúdanos a descubrir a sensibilidade
do corazón humano e as posibilidades dunha
humanidade plural pero non dividida, que ten claro
o valor da vida.
Comprometémonos coa situación que vivimos
e confiamos en Ti, que es auga fresca no medio do
deserto que é a nosa vida. Amén
Amén! Que así sea hoy y en adelante, una comunidad unida en abastecer las necesidades más básicas y fomentar el amor a TODO nuestro prójimo..
ResponderEliminar