sábado, 25 de abril de 2020

Unha apertura progresiva e responsable. Os nen@s comezan a desescalada do confimento.

E penso para min mesmo, que mundo tan maravilloso! 
Sí, penso para min mesmo, que mundo tan maravilloso!
(What a Wonderful World)

Mañán os nen@s, responsables e solidari@s como os que máis neste momento de confinamento e crise polo coronavirus, son os que abren esa "desescalada" que tod@s tanto desexamos. Son os que teñen claro o que queren, maniféstano sen discusións e son os que en gran medida enchen de alegría a vida dos maiores. Seguro que deles podemos aprender para retomar a nosa vida e para saír coa alegría de quen semella facelo por primeira vez, deixándose sorprender e admirándose de todo o que acontece. Fagámolo con responsabilidade e sigamos comprometidos na loita contra o coronavirus.
A alegría de pais e avós de ver aos seus fill@s e net@s libres e alegres, é a alegría que Deus ten con cada un de nós, cando sendo libres e responsables damos testemuño do amor e da misericordia de Deus; cando cun corazón semellante ao dun nen@ temos a capacidade de admirar a beleza do mundo, de coidalo e de coidarnos os uns aos outros.



Vídeo de Playing For Change, quen se alegra de presentar este vídeo da canción "What A Wonderful World" co avó Elliott con coros infantís de todo o mundo. Nestes tempos difíciles, os nenos e a música tráennos a esperanza dun futuro mellor. Hoxe celebramos a vida e cambiamos o mundo un corazón e unha canción á vez!

Se non te sintes afortunado e alegre pode que sexa polo que sigue:

"O gran risco do mundo actual, coa súa múltiple e abafadora oferta de consumo, é unha tristeza individualista que brota do corazón cómodo e avaro, da procura enfermiza de praceres superficiais, da conciencia illada. Cando a vida interior se clausura nos propios intereses, xa non hai espazo para os demais, xa non entran os pobres, xa non se escoita a voz de Deus, xa non se goza a doce alegría do seu amor, xa non palpita o entusiasmo por facer o ben. Os crentes tamén corren ese risco, certo e permanente. Moitos caen nel e convértense en seres resentidos, queixosos, sen vida. Esa non é a opción dunha vida digna e plena, ese non é o desexo de Deus para nós, esa non é a vida no Espírito que brota do corazón de Cristo resucitado.

Convido a cada cristián, en calquera lugar e situación en que se atope, a renovar agora mesmo o seu encontro persoal con Xesucristo ou, polo menos, a tomar a decisión de deixarse atopar por El, de tentalo cada día sen descanso. Non hai razón para que alguén pense que esta invitación non é para el, porque «ninguén queda excluído da alegría reportada polo Señor»" (Evangelii Gaudium, Papa Francisco)

1 comentario:

  1. Como dice la canción, que mundo tan maravilloso tenemos..al cual también nosotros pertenecemos, tenemos que cuidarlo con responsabilidad y AMOR!

    ResponderEliminar