Nosa Señora das Dores
Acabamos a Coresma e damos comezo
á Semana Santa, que en teoría comeza o Domingo de Ramos.
Pero,
hoxe, venres, queremos destacar unha persoa que se fiou de Deus e díxolle sí
con todas as consecuencias: a Virxe María.
Xesús,
coma toda persoa, tivo unha familia e, como todos, unha nai. Chamábase María e
sabemos dela o que contan os evanxeos: que era unha moza xudía que Deus elixiu
para ser nai de Xesús. Unha nai, que coma moitas outras, saiulle un fillo
rebelde que cuestionaba as normas tanto civís coma relixiosas do momento.
María nunca abandonou ao seu fillo, que o tachaban de blasfemo. Vémolo en
moitos momentos, coma nas vodas de caná, buscando a Xesús cando alguén se
atopaba en apuros.
Coma
a moitas nais que teñen fillos (en moitos casos fillos enfermos, esclavos da
droga, presos por delitos de roubo,…) e que a pesar da amargura, dolor e sufrimento
seguen ao seu lado, axudando a levar a súa cruz, hoxe, nós, os crentes, recordamos
a María, como modelo de todas as nais que ven sufrir, morrer ou teñen, no peor
dos casos, que enterrar aos seu fillos. Ela chegou ata a Cruz e veu coma o seu Fillo
inocente morría, dunha maneira que naquel momento era a peor. E El, o seu fillo
querido, tivo un xesto desde a Cruz. Sinalando a Xoan díxolle: Nai, aí tés
ao teu Fillo. Fillo, aí tés a túa Nai (en referencia a toda a humanidade).
Por
iso, María é nai da Igrexa crente, seguidora de Xesús. Ela, mellor que ninguén,
entende a amargura que sentimos neste tempo de pandemia. Que María, como nas Vodas
de Caná, fale co seu Fillo e lle diga: Fillo, non teñen[...], necesitan …
TERESA PÉREZ
No hay comentarios:
Publicar un comentario