Son tempos difíciles nos que nos atopamos nunha nova situación, ante a que non sabemos moi ben como actuar. Tempos que non poden facer que perdamos de vista o que consideramos importante e central na nosa vida. A fe vén con nós a todas partes e máis se nos atopamos en dificultades. Seguindo as disposicións sanitarias, gardando todas as medidas e actuando con responsabilidade comezamos a catequese neste novo curso 2020-2021. As primeiras reunións que teremos serán cos pais dos nenos/as e mozos/as. Queremos actuar conxuntamente e ofrecer e buscar os apoios que precisamos, para que xuntos e coa axuda de Deus alcancemos as metas que nos propoñemos.