jueves, 29 de octubre de 2020
miércoles, 28 de octubre de 2020
sábado, 10 de octubre de 2020
MAÑÁ, FESTA DOS REMEDIOS 2020
Vivimos tempos en que todo o que celebramos está condicionado polo Covid-19. Non deixamos de celebrar a festa dos Remedios, pero sempre con prudencia e responsabilidade, co que é importante ter en conta:
- O aforo
- As distancias
- O uso de máscara e de xel ao entrar e saír
- Atender á organización e seguir as súas indicacións,...
DEP MARÍA ROSA FERNÁNDEZ LUSTRES
Pai santo, Deus eterno e Todopoderoso,
pedímosche por María Rosa.
Dálle a felicidade, a luz e a paz.
Que, pasando pola morte,
participe cos santos da luz eterna,
como lle prometiches
a Abraham e á súa descendencia.
Que a súa alma non sufra máis,
e te dignes resucitala cos santos
o día da resurrección e a recompensa.
Perdóalle os seus pecados
para que alcance xunto a Ti
a vida inmortal no reino eterno.
Por Xesucristo, O teu Fillo,
na unidade do Espírito Santo.
Amén.
jueves, 8 de octubre de 2020
DEP MARÍA CASTRO SAMPEDRO
TAMÉN NÓS IMOS POLA VIDA
Tamén nós imos pola vida coma os discípulos de Emaús:
pensando que a vida non ten sentido,
crendo que todo é negro, incapaces de ver cos nosos ollos
a claridade do día e as estrelas da noite;
coa tentación de crer que a dor é máis forte cá vida;
dicindo que isto non ten saída,
que non hai quen o amañe;
facéndonos demasiadas ilusións.
Señor, non poderías saír hoxe ao camiño
e pasear connosco?,
non poderías levantar a nosa esperanza,
quedar a comer e quentar o noso corazón frío;
non poderías facer algo para descubrir a túa presenza?
Non poderías repetir aquela escena de Emaús na nosa vida?
Non poderías, Señor, non poderías... ?
Si, sabemos que podes...
Quizá é que hoxe estamos coma daquela,
cos ollos mergullados na cegueira
e nubrados de tristura diante da dor que nos rodea.
Pero si, sabemos que podes....
Por iso, unha vez iluminados,
mantémonos á túa espera.
DEP SANTIAGO BLANCO FRIEIRO
El Señor es mi pastor, nada me falta.
en verdes praderas me hace recostar;
me conduce hacia fuentes tranquilas
y repara mis fuerzas;
me guía por el sendero justo,
por el honor de su nombre.
DEP MARÍA CARNOTA SANTOS
Eu espero no Señor, a miña alma espera;
eu confío na súa palabra.
A miña alma vólvese ó Señor,
máis do que os vixías á aurora.
Se os vixías esperan a aurora,
que Israel espere ó Señor,
pois no Señor está o amor
e a redención cumprida.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)